·MICROCASA DE ARTES·
voltamos en outubro!
ENVÍANOS A TÚA PROPOSTA Ó CORREO aregadeira.programa@gmail.com
QUENES SOMOS
Marghe Morello
Creadora e realizadora de audiovisuais.
Licenciada en Comunicación Intercultural (2002), Postgrado en Produción Cinematográfica (ESCAC 2008) e Master en Documental de Creación (Pompeu Fabra, 2009).
Traballa no eido audiovisual dende o 2003, para produtoras e televisións, como directora, produtora, cámara e montadora.
Dende 2007 até 2014 estivo traballando na empresa OROBORO FILMS, cofundada con Gael Herrera.
É tamén docente de técnicas audiovisuais dende 2008 (impartiu varios obradoiros en Barcelona e Santiago, foi profesora no FP O Raio Verde e na Escola Unitaria en Compostela).
Actualmente traballa na súa empresa 16thunders, onde compaxina encargos audiovisuais para todo tipo de clientes, especialmente compañías teatrais, coa creación e realización de proxectos propios.
Bea Lorenzo
Artista y educadora
Titulada Superior en Educación Infantil no Colexio San Xosé da Guía en Vigo. Aínda que foi formándose no ámbito socioeducativo, dende moi pequena estivo moi ligada ás artes: danza,música, teatro…
A súa experiencia laboral abarca dende educadora en escolas infantís en Vigo ata outras áreas, como son servizos sociais, hostelería, dependenta, profesora de danza moderna ou monitora
de ocio en empresas de animación cultural ademais de nunha ludoteca de integración social (CAI de APAMP).
Actualmente compaxina os estudos de Musicoterapia co traballo de profesora en varios
colexios dando actividades de danza, debuxo, ximnasia…
Noemí Pájaro Luna
Artista
Noemí Mosquera
Deseñadora gráfica e redes sociais
Jose Perozo
DECORACIÓN E AMBIENTACIÓN:
Formado como Técnico Superior en artes plásticas aplicadas á escultura na Escola de Artes "Mestre Mateo" (Santiago de Compostela) e como Técnico Superior en maquinaria teatral e construcción de decorados, "Escénica Técnica" (Granada). Dende 1998 traballa como escenógrafo e constructor de decorados en cine, teatro e televisión. Participa neste proxecto como responsable da decoración e ambientación da Regadeira de Adela.