top of page

CURSOS

A Regadeira de Adela amplía a súa oferta cultural de pequenos formatos con cursos intensivos de formación en artes escénicas. O curso anual de IMPRO xa está en marcha, unha clase á semana por 35 euros ou dúas por 60 euros. Xa hai dous grupos con diferentes horarios:
Avanzados: VENRES de 16:00 a 19:00 // Iniciación: MÉRCORES de 19:00 a 22:00
(poden abrirse novos grupos de iniciación, se che ben mellor outro horario, escríbenos!)

CURSO ANUAL DE IMPRO 

    con Alfonso Medina e Antón Coucheiro

¿Que é iso da impro? Tanto para os principiantes como para os que xa teñen experiencia, para os artistas e para calquera humano, a improvisación é unha potente ferramenta nas artes escénicas e na vida. Creatividade ó instante. Escenas que se constrúen no momento. Unha ximnasia emocional e mental para actuar.  

 

O improvisador aprende a ser intérprete, guionista e director ó mesmo tempo. Unha obra que se inventa sobre a marcha, coas propostas dos compañeiros e do público. Parece complicado, pero resulta apaixonante como dende o primeiro momento xa se pode xogar. Para os que xa o probaron, resulta incrible como segues aprendendo coa práctica. Porque ó final trátase diso, de xogar, de escoitar, de aprender, compartir, de inventar.

Cando se improvisa, nunca sae nada mal, os erros son regalos, equivocarse son unhas risas.

Máis info e inscripcións 

contacta no correo:

Para inscribirse, facer ingreso de 35 € na conta:

 

ALFONSO MEDINA   

ASUNT: CURSO IMPRO

LA CAIXA 2100 4333 11 01 00158460

 

As prazas reservaránse por orde de inscripción

 

 

De non acadarse o mínimo de inscritos os cursos poden suspenderse

Name *

Email *

Subject

Message

Your details were sent successfully!

bottom of page